sábado, 12 de mayo de 2012

Triunfal regreso do Padre Merino ó "pub Morrigan" de Lugo.

      Destacar sobre todo a boa disposición, colaboración, participación e bo humor dos feligreses desta parroquia luguesa. Houbo moitos e bos momentos nos que a Fe estivo presente e penso que unha luz se lles encendeu no camiño.
      Mil gracias a Alberto e Dani pola súa invitación, bo trato e inmellorable acollida. E tamén destacar o meu monaguillo da noite, Gerardo, que quixo imitar a Xesús e converteuse ó final no "cristiño" da noite. Saúdos e recordos tamén ós "pinchacarneiros", ás "ghipillas", ó "dúo dinámico" vido a menos, a "mr. proper" e familia, á gran cómica e mellor persoa Carmen Conde, á "viva la virjen" da noite... e a todos os que fixestes por estar esa noite ante a palabra e as ensinanzas miñas.
      Aquí vos deixo unhas fotiñas ben simpáticas para que enmarquedes e as poñades na cabeceira da cama, na mesiña de noite ou para que as levedes no voso peto para terme sempre preto:

"aquí están a maior parte dos feligreses da noite, santiños tod@s"!

"en primeiro plano o gran Gerardo e compañía e ó fondo "mr. proper e familia". parecen boa xente a que si?"
"a ben querida e admirada Carmen xunto cos "pinchacarneiros"!

"dous amiguiños que só atoparon sitio nunha sala aparte. non estaban castigados eh!"
"e esta é a miña musa da noite. a "ghipilla". non hai máis que vela. que simpática estivo".
      E nada máis queridiñ@s. Espero que nos vexamos pronto en esa ou outra parroquia. Ata daquela, ser boiños e si tedes dúbidas ou queredes algún consello, aquí está o Padre Merino para "botarvos unha man" (eh ghipie!), antes de que pequedes. Saúdos e saúde.
Padre Merino.

sábado, 5 de mayo de 2012

"Café Mimela". Na Estrada unha vez máis.

      Pois así foi. Unha vez máis na Estrada e cada visita mellor que a anterior. 
      Desta volta visitamos a "parroquia" do "Café Mimela" e atopeime co mellor dos feligreses. Pasamos unha gran noite con varias sorpresas e moita e boa participación. Destacar en primeiro lugar ó meu monaguillo da noite, Gerardo. A Begoña 2.0, á señora maría, Tanía, (que non creía nos milagros e escapou correndo), e compañía, e como non á musa da noite: "moquitos uñas rojas"... e moita máis xente.
       Evidentemente saúdos e gracias por todo a Antonio pola invitación e o bo trato.
       Desexando voltar, deixovos con unhas fotiñas para o recordo:

"En primeiro plano o meu grupiño de simpáticas feligresas e ó fondo seguidores/as das cruzadas"

"E aquí o gran Gerardo e familia, Saleta, Berto... e outros moitos seguidores da Fé."


      Pois nada máis queridos/as filliños/as. Moitas grazas por asistir e ata pronto. E xa sabedes, buscade o bo camiño. Aínda estades a tempo.
Padre Merino.

martes, 20 de marzo de 2012

No día de San Patricio, que mellor que o "Irish Monk´s"!

      Foi así foi. O pasado 17 de marzo celebramos o día do San Patricio na cervexería "Irish Monk´s" do Porriño.
      Ambiente festeiro, como non podía ser doutro xeito, e moitos feligreses que se animaron a escoitar a palabra do Señor. A mensaxe, de feito, penso que calou nas súas almas perdidiñas. De tódolos xeitos, espero voltar pronto para rematar a miña misión.

      Mil gracias a Jose pola acollida e o bo trato e tamén a Samuel, o "Gran Moroco", que fixo maxía cos micros e a música.
      Porsuposto que non me esquezo de Gerardo, taaaaan participativo el, e toda a súa cuadrilla, Alfredo e os seus amigos de "gorro", o "señor de bigote", Alberto (exveciño da miña parroquia), espontáneos e mención especial merecen as miñas "musas" da noite, futuras monxiñas da miña parroquia, Ana e a súa irmán.
      Nas fotos podedes entender parte do ambiente que alí vivimos:
"Por aquí andan Alberto, señor de bigote e moitos amigos, e en primeiro plano as xa amigas e futuras colaboradoras da miña parroquia: "las hermanas sor musas".

"E por aquí andan os do outro lado, Alfredo e compañía, a parella inmaculada e moitos amigos máis."
"Aquí buscaba un primeiro plano da miña inspiración... puidome a emoción. Pero ghuapas saíron. E que cara de boíñas non si?"
       Pois nada máis parroquianos. Só desexo voltar pronto.
Ata daquela, pediros que vos portedes ben e elixades a camiño correto. E ante a dúbida, a máis tetúbida... digo... podedes consultarme.
Padre Merino.

domingo, 11 de marzo de 2012

Guimarei e a "parábola" de Manoliño!!

      Esta fin de semana acudimos de novo a unha parroquia estradense. Desta volta fomos ata Guimarei. Alí atopámonos con poucos pero cos mellores dos seus veciños. Un estupendo serán que disfrutamos xunto co gran "Mentalini" e o seu "tsunami mental", o meu "partener" neste tolo "teleclube da comedia" no que colei a palabra do señor.
       Só me queda darvos as grazas como sempre, ós que vos achegastes e que espero que nos atopemos de novo protno todos. Ben, todos todos... si "manoliño" non ven... pois tampouco pasa nada eh!
      Especialmente saúdos e grazas a "señor calvo", Manoliño e amigo, Gerardo, Begoña, Patri, Merce e amigas... Vanesa e Tere...
     Unha fotiño para o recordo:

"Jose Luis o voso párroco ten que estar contento con vós!! Que boiños (parecedes)"
      Só unha cousa máis: facédeme caso e acabade a "Torre de Guimarei" que a deixastes a medias!! E si lle poñedes un pazo ó carón... quedaría xenial.

Saúdos.
Padre Merino.


domingo, 4 de marzo de 2012

IV vespalacón e os xinetes do apocalipse!!

      Por fín están aquí as fotos-resumo do segundo encontro do Padre Merino cos amigos do "vespalacón". Foron moitos os que este ano se achegaron á vila coas súas motos e algunha que outra "lambretta".
      Teño que admitir que sendo todos estes un xénero humán pouco sociable e rarillo, a causa da súa febre e adición as vespas, portáronse moi ben. Houbo moita e boa colaboración. Participarón con gran entusiasmo na "liberación da carraxe" e na "bendición terrenal" (con productos da horta), quedando así benditos para a "apocalipse final".
       Aquí tedes unhas fotos de familia:

"...bob esponja, un con cornos, outro peludo rizado... que peniña"

"e aquí hai máis eh! pouca verjuensa é o que hai"

"e ata onde chega a vista estendíase esta marabunta de amigos vixiados alí ó fondo polos "chicos del maíz" (DGT)"
      Pois nada máis mozos e mozas, amigos e amigas, Puri, Fran, Damián, todos os de "scutrclú" coa miña enhoraboa. E máis xente: Luz, Carlos, Berto, Juan... Igor, Marcela... que o pasei moi ben con vós e espero que nos voltemos ver prontiño. Ide a modo, isto para os das lambrettas é unha realidade, e ser boíños.
Saúde.
Padre Merino.

domingo, 12 de febrero de 2012

No Teatro Principal da Estrada meteu PANIC!!

       Como Padre, como misionero, aproveito a mínima para achegarme a vós. En esta ocasión presenteime no acto de clausura do 1º Ciclo de Cine de Terror da Estrada, "PANIC!". 
      Evento organizado por "Produciones Trípode" e o Concello da Estrada. Aproveito xa para darlle a enhoraboa polo traballo feito e poñer en marcha unha alternativa de ocio para os máis novos.
      Pois como digo, alí fun para  facer o "2º exorcismo colectivo". Si si, ledes ben. Axudei en esta ocasió a máis de 250 almas pecadoras a liberar esa rabia contida, ese enfado, ese noxo pola política, a banca... a crise en definitiva.
     E para mostra, unha imaxe:

"esta foto non a saquei eu, foi un dos meus axudantes. esta imaxe correponde practicamente á metade do patio de butacas. que enerxía se concentrou alí mimá!!"
      Moitas gracias a todos por participar. Foi un gran momento o que en "comuñón" vivimos xuntos.

"e aquí estou eu, preparando ó personal"

      Moitas grazas a tod@s pola vosa enerxía!
      Saúdos e ata pronto.
Padre Merino.













sábado, 28 de enero de 2012

Acompañados no Bar por San Roque!

       Tras 500 quilómetros e 5 horas de viaxe baixo o cú, (polo do asento do coche digo), voltei máis que contento á casiña. Si si. Dende logo que mereceu a pena a viaxe para achegarse na noite deste pasado venres á parroquia do "SanRoqueBar" en Ribadeo.
      Unha noite bastante animadiña con importantes e interesantes intervencións dos feligreses. De tódolos xeitos, voltarei algún día para seguir coa miña labor de evanxelización. Hai algún veciño que... hai que traballar duro con eles. Sin ir máis lonxe, e por poñer un exemplo, podíamos falar da señora María e compañía que estaban descontroladísimas: "viva la Virgen"! "Viva"! dise "Vivaaaaa" señora María, "Viiiivaaaaaaa..."!
      Pero ben, agradézovos a todos os que alí estivestes a vosa presencia, a vosa participación, a vosa Fe, a vosa paciencia, as vosas risas... Gerardo e toda a súa cuadrilla, "Pelo fuego", "el Chico de la Melena"... e tantos outros.
      E como non, mil gracias pola invitación, pola atención, polo bo trato a Jose, Pedro e a simpática e bonitiña Marlén.


"aquí Gerardo media agochado coa súa cuadrilla. e ó fondo, reflexando o flash da cámara, "el chico de la melena".
"a Sra. María e a súa amiga, "Pelo Fuego" detrás" e moitos outros que a cámara non colleu pero que alá están na escuridade. -Vide á luz. Vide á luuuuuuuz"!

       Pois nada máis amiguiñ@s. Con estas fotos para o recordo despídome esperando que nos atopemos pronto no camiño.
      Saúdos e bendicións do Padre Merino.